Este blogue foi creado para recoller a experiencia levada a cabo na aula de 3 e 4 anos do CEIP de Pazos, Ferrol, durante o 1º trimestre do curso 2009/2010.
http://pequespazos.blogspot.com

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Leo e as estrelas: Teatro de sombras

Hoxe no cole tivemos unha representación de teatro moi especial, xa que os monicreques eran "sombras". Pois si, teatro de sombras no cole da man de Zascandís Teatro, que nos ensinaron un montón de cousas sobre o universo.
E que este ano, é o Ano Internacional da Astronomía, e por iso estamos a traballar sobre a lúa e as estrelas.
Grazas ao Moucho Micholo, a Leo, un neno moi botado para diante, e aos seus amigos Eli, unha astrónoma algo despistada, e Lampi, un vagalume do máis intelixente, aprendimos un montón de cousas...



  • Que para mirar as estrelas e os planetas necesitamos un telescopio.
  • Que a Lúa non é de queixo, que é un pedrolo cheo de cráteres.
  • Que os cráteres os fan os meteoros cando baten contra a Lúa.
  • Que na Terra non caen os meteoros grazas á atmosfera, que os desfai.
  • Que no ceo hai moitísimas estrelas e que éstas agrúpanse en galaxias.
  • Que a nosa galaxia chámase a Vía Láctea, pero que non ten nada de leite.
  • Que na Vía Láctea hai planetas, e descubrimos un que se chama Saturno, que polo visto tiña "orellas"... pero que esas orellas en realidade eran aneis de xeo...




    ¡¡Cántas cousas aprendimos hoxe!! Agora temos que profundizar en todas elas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario