Este blogue foi creado para recoller a experiencia levada a cabo na aula de 3 e 4 anos do CEIP de Pazos, Ferrol, durante o 1º trimestre do curso 2009/2010.
http://pequespazos.blogspot.com

viernes, 18 de diciembre de 2009

Mirando as estrelas

Hoxe foi un día moi loooongooo... Fomos a mirar as estrelas á Aula ambiental de RECICLATERRA. Cando chegamos, aínda non estaba moi escuro, pero pouco a pouco foi caendo a noite...

Puidemos ver os cráteres que ten a lúa, os seus mares... Unha pena que hoxe non estivera chea, pero aínda así, grazas ao telescopio puidémola ver tan grande, tan grande que parecía que podíamos collela!!! Logo, miramos a Marte, de cor vermello e que é visible a simple vista.



E esperando a que saísen máis estrelas, ensináronnos nunha pantalla cómo se ve o ceo de inverno grazas ao programa Stellarium, que podedes descargar e instalar no voso ordenador premendo sobre a imaxe. Unha vez instalado o programa, poderedes ver imaxes coma éstas:






Recoñecimos a CASIOPEA, a CEFEO, a PERSEO e a ANDRÓMEDA, e por suposto ao cabalo alado de PEGASO. E tamén vimos ás dúas osas: a OSA MAIOR e a OSA MENOR. Ademáis, presentáronnos a ORIÓN e a SIRIUS, que é a estrela máis brilante do firmamento, e despois puidémolas ver a simple vista. Foi estupendo!!!

E aquí vos deixo as fotos:


miércoles, 16 de diciembre de 2009

Pintando un ceo de estrelas

Conseguir que a nosa clase tivese un ceo estrelado foi toda unha aventura... Un día a nosa profe Rosa apareceu cunha "máquina misteriosa" que non sabíamos para que podería servir... Ela dixo que nos axudaría a pintar as estrelas no teito da nosa aula, pero claro... non víamos por onde se lle botaba a pintura a aquilo. E resultou que esta máquina misteriosa chamábase retroproxector e serviunos para proxectar as estrelas no teito... A profe Rosa, subida a unha escaleira colocou unhas chinchetas no teito para saber onde tíñamos que poñer as estrelas.
Agora viña o traballo máis duro: baixar as planchas do teito unha por unha para poder pintar as estrelas... Logo, facerlle as liñas para que quedasen unidas as estrelas de cada constelación... e por último, volvelas a subir...

Ufff! Cánto traballo!!!

Pero e que ademáis as estrelas que pintamos no teito da nosa clase non son unhas calquera. Non, non!!! A nosa profe contounos unha historia fantástica duns seres máxicos que disque son da Mitoloxía Grega. Falounos de CEFEO e CASIOPEA, que eran os pais de ANDRÓMEDA, que foi liberada por PERSEO, quen tiña un cabalo alado chamado PEGASO... Falounos tamén de Poseidón, o rei do mar, e de Medusa, que tiña o pelo de serpes e que se a mirabas quedabas de pedra!!!

Tamén falounos dos signos do zodiaco, que son as estrelas que estaban no ceo o día que nacimos e nos nosos aniversarios, porque as estrelas veñen e van e non están sempre no mesmo sitio do ceo...
E tamén ensinounos que no ceo había dúas OSAS... unha máis grande, a OSA MAIOR, e outra máis pequena, a OSA MENOR, e que a pequena tiña o rabiño para arriba porque estaba moi contenta de estar ao carón da súa nai.
Xa vedes que podemos aprender calquera cousa, tan só tedes que achegárnosla!!!

martes, 8 de diciembre de 2009

Recordamos: o conto "A que sabe a Lúa?"

Todo empezou grazas ao conto de Kalandraka, A que sabe a lúa. E agora, cando xa empezamos a preparar o Festival de Nadal, déixovos este vídeo para recordar.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Lúa chea de decembro


Grazas á miña gran amiga Silvia, galega adoptiva e italiana de acollemento, podemos saber que é o que nos contan os debuxos de PlayHouse Disney Italia.

Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa algunhas veces é redonda e chea,
Ás veces é vermella ou amarela e está no ceo como unha pelota
outras veces botas unha ollada e ves so un cuarteirón
Outras veces blanca, parece a tona que fai mamá.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.


Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa báñase casi sempre sobre o mar
e se se sumerxe nel, non é quen de se afundir
A veces a lúa está negra, e non se ve de ningunha maneira
e antes de que volva a ser chea pasará todo un mes, quen sabe por que.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.


Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.
Quen sabe por que a lúa se agocha cando amence
Quizáis o sol non a prende, por ser tan prepotente.
Pola noite, por fortuna, sae fora da súa casa
e para vela de novo volverse chea basta con facer unha fila.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa amodiño,
un anxo ou unha gaivota, e ata que non a rematan quédase alí arriba.

Despois a sustitúen. Aceptas a aposta?
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Os fotógrafos

E mentres uns pintan un ceo estrelado, outros sacan fotos de cómo foi o proceso. Logo aprenderemos a descargalas no ordenador, a gardalas e a poder velas.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Googleleando

Estamos aprendendo a buscar imaxes en Google, aproveitando o tema das estrelas. Primeiro, escribimos na barra do buscador o nome da constelación que queremos buscar, ¡e ten que estar ben escrito!, ¡se non non vale!. Despois, temos que premer no botón de "Búsqueda". escollemos a imaxe, clicando sobre ela, logo na barra azul de "Ver a imaxe a tamaño completo". Logo, premer sobre a imaxe co botón dereito do rato, e clicar sobre "Gardar imaxe como". E por suposto, comprobar se a nosa imaxe quedou gardada na "carpeta de destino".


Aquí tedes algunhas fotos desta actividade. Non saímos todos nas fotos porque algúns necesitamos a axuda da nosa profe e non tiña mans para todo!!!



domingo, 15 de noviembre de 2009

viernes, 13 de noviembre de 2009

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Leo e as estrelas: Teatro de sombras

Hoxe no cole tivemos unha representación de teatro moi especial, xa que os monicreques eran "sombras". Pois si, teatro de sombras no cole da man de Zascandís Teatro, que nos ensinaron un montón de cousas sobre o universo.
E que este ano, é o Ano Internacional da Astronomía, e por iso estamos a traballar sobre a lúa e as estrelas.
Grazas ao Moucho Micholo, a Leo, un neno moi botado para diante, e aos seus amigos Eli, unha astrónoma algo despistada, e Lampi, un vagalume do máis intelixente, aprendimos un montón de cousas...



  • Que para mirar as estrelas e os planetas necesitamos un telescopio.
  • Que a Lúa non é de queixo, que é un pedrolo cheo de cráteres.
  • Que os cráteres os fan os meteoros cando baten contra a Lúa.
  • Que na Terra non caen os meteoros grazas á atmosfera, que os desfai.
  • Que no ceo hai moitísimas estrelas e que éstas agrúpanse en galaxias.
  • Que a nosa galaxia chámase a Vía Láctea, pero que non ten nada de leite.
  • Que na Vía Láctea hai planetas, e descubrimos un que se chama Saturno, que polo visto tiña "orellas"... pero que esas orellas en realidade eran aneis de xeo...




    ¡¡Cántas cousas aprendimos hoxe!! Agora temos que profundizar en todas elas.


jueves, 5 de noviembre de 2009

Poemas da Lúa e caligramas





A SEÑORA LÚA


A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.



Se queres probara a facer os teus propios caligramas, pincha sobre a imaxe

Aquí tedes outros caligramas deste mesmo poema:



martes, 3 de noviembre de 2009

Lúa chea de novembro

Para os despistados e despistadas, recordarvos que esta noite houbo lúa chea. Déixovos este vídeo para que non vos olvidedes de mirar ao ceo pola noite, aínda que a cidade, ás veces, no lo poña difícil.



viernes, 30 de octubre de 2009

Conto: "Boas Noites, Lúa"

martes, 27 de octubre de 2009

Conto: "Eu vivín na Lúa"

viernes, 23 de octubre de 2009

Conto: A Lúa dos teus ollos

lunes, 19 de octubre de 2009

miércoles, 14 de octubre de 2009

Cancións da Lúa





viernes, 9 de octubre de 2009

jueves, 8 de octubre de 2009

miércoles, 7 de octubre de 2009

Joan Miró e a Lúa


O vídeo contén algún título incorrecto e algunha obra do revés. Xogade a investigar cales son!!!

martes, 6 de octubre de 2009

lunes, 5 de octubre de 2009

Lúa chea de chocolate

Onte a lúa estivo chea, e para celebrar a nosa primeira lúa chea da que fomos realmente conscientes, quixemos saber a que sabe a lúa, como di o conto de Kalandraka co que estamos a traballar.
E resultou que, como no conto, a lúa sabe precisamente ao que máis lle gusta a cada un. Por eso, non podía ser doutra forma e o noso primeiro pan de lúa sabía a chocolate.


Facendo a nosa Lúa

Para coñecer a lúa non hai nada mellor que recreala... A nosa lúa está feita con milleiros de carantoñas. Quen sabía o que lle gustan as caricias á nosa lúa!!!



sábado, 3 de octubre de 2009

Conto: "O coello da Lúa"

Sabíades que hai quen di que na lúa vive un coello? Mirade fixamente á lúa este fin de semana, pois estará chea, a ver se sodes capaces de velo.


Ademais, para celebrar a nosa primeira lúa chea deste curso, o luns haberá sorpresa.

Poema da Lúa Mora


viernes, 2 de octubre de 2009

Xogando na PDI

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Libro LIM "A que sabe a Lúa?"

jueves, 24 de septiembre de 2009

As fases da Lúa

Neste video Doki descubre a Lúa e cóntanos que a lúa ten fases... Canto nos dará esto que pensar!!!

domingo, 20 de septiembre de 2009

A nosa aventura comeza en setembro de 2009, grazas á lectura do conto "A que sabe a Lúa?" da Editorial Kalandraka. Esta fascinante historia será o punto de partida dun gran proxecto sobre o espazo: a Lua e as estrelas, que abrangará todo o primeiro trimestre do presente curso 2009/2010.

Para que aínda non o coñeza, aquí tedes o conto, aínda que na súa versión en castelán, pois non o atopei en galego.

Tamén vimos algún video sobre o conto e aprendimos a diferenciar versións, xa que en algunhas non aparecen os mesmos animais que nós coñcemos. Aquí vos deixo éste, que si que se axusta á versión que xa casi sabemos de memoria.