Este blogue foi creado para recoller a experiencia levada a cabo na aula de 3 e 4 anos do CEIP de Pazos, Ferrol, durante o 1º trimestre do curso 2009/2010.
http://pequespazos.blogspot.com

viernes, 18 de diciembre de 2009

Mirando as estrelas

Hoxe foi un día moi loooongooo... Fomos a mirar as estrelas á Aula ambiental de RECICLATERRA. Cando chegamos, aínda non estaba moi escuro, pero pouco a pouco foi caendo a noite...

Puidemos ver os cráteres que ten a lúa, os seus mares... Unha pena que hoxe non estivera chea, pero aínda así, grazas ao telescopio puidémola ver tan grande, tan grande que parecía que podíamos collela!!! Logo, miramos a Marte, de cor vermello e que é visible a simple vista.



E esperando a que saísen máis estrelas, ensináronnos nunha pantalla cómo se ve o ceo de inverno grazas ao programa Stellarium, que podedes descargar e instalar no voso ordenador premendo sobre a imaxe. Unha vez instalado o programa, poderedes ver imaxes coma éstas:






Recoñecimos a CASIOPEA, a CEFEO, a PERSEO e a ANDRÓMEDA, e por suposto ao cabalo alado de PEGASO. E tamén vimos ás dúas osas: a OSA MAIOR e a OSA MENOR. Ademáis, presentáronnos a ORIÓN e a SIRIUS, que é a estrela máis brilante do firmamento, e despois puidémolas ver a simple vista. Foi estupendo!!!

E aquí vos deixo as fotos:


miércoles, 16 de diciembre de 2009

Pintando un ceo de estrelas

Conseguir que a nosa clase tivese un ceo estrelado foi toda unha aventura... Un día a nosa profe Rosa apareceu cunha "máquina misteriosa" que non sabíamos para que podería servir... Ela dixo que nos axudaría a pintar as estrelas no teito da nosa aula, pero claro... non víamos por onde se lle botaba a pintura a aquilo. E resultou que esta máquina misteriosa chamábase retroproxector e serviunos para proxectar as estrelas no teito... A profe Rosa, subida a unha escaleira colocou unhas chinchetas no teito para saber onde tíñamos que poñer as estrelas.
Agora viña o traballo máis duro: baixar as planchas do teito unha por unha para poder pintar as estrelas... Logo, facerlle as liñas para que quedasen unidas as estrelas de cada constelación... e por último, volvelas a subir...

Ufff! Cánto traballo!!!

Pero e que ademáis as estrelas que pintamos no teito da nosa clase non son unhas calquera. Non, non!!! A nosa profe contounos unha historia fantástica duns seres máxicos que disque son da Mitoloxía Grega. Falounos de CEFEO e CASIOPEA, que eran os pais de ANDRÓMEDA, que foi liberada por PERSEO, quen tiña un cabalo alado chamado PEGASO... Falounos tamén de Poseidón, o rei do mar, e de Medusa, que tiña o pelo de serpes e que se a mirabas quedabas de pedra!!!

Tamén falounos dos signos do zodiaco, que son as estrelas que estaban no ceo o día que nacimos e nos nosos aniversarios, porque as estrelas veñen e van e non están sempre no mesmo sitio do ceo...
E tamén ensinounos que no ceo había dúas OSAS... unha máis grande, a OSA MAIOR, e outra máis pequena, a OSA MENOR, e que a pequena tiña o rabiño para arriba porque estaba moi contenta de estar ao carón da súa nai.
Xa vedes que podemos aprender calquera cousa, tan só tedes que achegárnosla!!!

martes, 8 de diciembre de 2009

Recordamos: o conto "A que sabe a Lúa?"

Todo empezou grazas ao conto de Kalandraka, A que sabe a lúa. E agora, cando xa empezamos a preparar o Festival de Nadal, déixovos este vídeo para recordar.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Lúa chea de decembro


Grazas á miña gran amiga Silvia, galega adoptiva e italiana de acollemento, podemos saber que é o que nos contan os debuxos de PlayHouse Disney Italia.

Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa algunhas veces é redonda e chea,
Ás veces é vermella ou amarela e está no ceo como unha pelota
outras veces botas unha ollada e ves so un cuarteirón
Outras veces blanca, parece a tona que fai mamá.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.


Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que
Quen sabe por que a lúa báñase casi sempre sobre o mar
e se se sumerxe nel, non é quen de se afundir
A veces a lúa está negra, e non se ve de ningunha maneira
e antes de que volva a ser chea pasará todo un mes, quen sabe por que.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa toda como se fora froita
e cando a acaba as estrelas fanlle a onda. Despois cámbiana e hai unha lúa nova.


Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.
Quen sabe por que a lúa se agocha cando amence
Quizáis o sol non a prende, por ser tan prepotente.
Pola noite, por fortuna, sae fora da súa casa
e para vela de novo volverse chea basta con facer unha fila.
Aposto que a cambian. Aposto que hai un anxo que a papa amodiño,
un anxo ou unha gaivota, e ata que non a rematan quédase alí arriba.

Despois a sustitúen. Aceptas a aposta?
Quen sabe por que, quen sabe por que, quen sabe, quen sabe por que.