Este blogue foi creado para recoller a experiencia levada a cabo na aula de 3 e 4 anos do CEIP de Pazos, Ferrol, durante o 1º trimestre do curso 2009/2010.
http://pequespazos.blogspot.com

viernes, 18 de diciembre de 2009

Mirando as estrelas

Hoxe foi un día moi loooongooo... Fomos a mirar as estrelas á Aula ambiental de RECICLATERRA. Cando chegamos, aínda non estaba moi escuro, pero pouco a pouco foi caendo a noite...

Puidemos ver os cráteres que ten a lúa, os seus mares... Unha pena que hoxe non estivera chea, pero aínda así, grazas ao telescopio puidémola ver tan grande, tan grande que parecía que podíamos collela!!! Logo, miramos a Marte, de cor vermello e que é visible a simple vista.



E esperando a que saísen máis estrelas, ensináronnos nunha pantalla cómo se ve o ceo de inverno grazas ao programa Stellarium, que podedes descargar e instalar no voso ordenador premendo sobre a imaxe. Unha vez instalado o programa, poderedes ver imaxes coma éstas:






Recoñecimos a CASIOPEA, a CEFEO, a PERSEO e a ANDRÓMEDA, e por suposto ao cabalo alado de PEGASO. E tamén vimos ás dúas osas: a OSA MAIOR e a OSA MENOR. Ademáis, presentáronnos a ORIÓN e a SIRIUS, que é a estrela máis brilante do firmamento, e despois puidémolas ver a simple vista. Foi estupendo!!!

E aquí vos deixo as fotos:


No hay comentarios:

Publicar un comentario